|
|
|
michigan private school stats. texas private school stats. American private school compar private schools in nevada michigan private school stats. texas private school stats. American private school compar
privateschools |
Homepage |
09.18.08 - 9:59 am | #
|
|
Jajaj...
Pero como disparas antes de preguntar non sabes que, no fondo, o meu discutíbel post ía precisamente contra o topicazo. 
Unha soa cousa, referente ao que dis nalgures: O racismo non é máis có medo ao descoñecido, ao outro como descoñecido. Por veces, un é racista mesmo coa muller dun. Pénsao Lobo Antunes no Bobelia de hoxe.
A min, agora o sei, non me move o medo, senón a curiosidade.
Cesare |
Homepage |
03.20.04 - 10:42 pm | #
|
|
Por último, o comentario que fixen no outro post pecaba de acalorado porque me parecía tópico, topicidade que me cansa, a verdade. Non ía contra ti directamente. Sabes que te quero moito e que ese tema me arrebata, quizais porque ao longo da historia a visión da muller sempre se considerou doméstica e risible. E non é así.
Por suposto que tardaremos moooooito tempo en chegar ao equilibrio, pero a xente máis nova ten aí un papel importante para non seguir perpetuando unha división do mundo en homes e mulleres, que non conduce a ningures.
Amén.
peke |
03.20.04 - 4:29 pm | #
|
|
(Continúo e descúlpome se abuso, pero o tema interésame, xa sabes).
O que me irrita da cuestión é, sobre todo, o pouco esforzo que facemos en xeral por aceptar a diferencia (porque somos diferentes, gracias a quen sexa), en certo modo complementaria. Observando e sentindo non se chegaría demasiado lonxe. Con practicidade e sentido da orientación, tampouco. Ambos os dous xeitos de mirar son necesarios, importantes e valiosos. O día que comprendín que B non podía contestar todas as preguntas case dignas dun entomólogo que eu lle facía deixei de anoxarme, porque el é así e eu ámoo así. Nin podo pretender que vexa a vida coma min nin el pretende que eu a vexa coma el. Trátase, desde a miña humilde opinión, de respectar, valorar, aceptar e non denostar a visión do outro. Cun pouco de esforzo por ambas as partes poderiamos conseguir que este maldito mundo fose un pouco mellor. Pero, claro, hai poucas ganas en xeral. É máis doado rexeitar o que non se comprende que intentar comprendelo.
peke |
03.20.04 - 4:23 pm | #
|
|
A ver, a ver. A cuestión non radica tanto no educativo ou no social (que tamén), canto nas estruturas e relacións cerebrais. Parece ser que os cerebros masculino e feminino difiren nas conexións que establecen as neuronas e demais (simplifico porque é moi longo); nos homes hai un predominio de aspectos que teñen que ver coa orientación espacial e a practicidade, por poñer un par de exemplos. As mulleres, porén, somos expertas no que respecta aos sentimentos, detalles e observación. ¿Onde está, pois, o problema? En NINGURES, sempre e cando sexamos capaces -homes e mulleres- de aceptarnos tal como somos, valorar o que nos falta e aprezalo no outro.
Póñoche un exemplo recente: Bolli ten un compañeiro de traballo (desde hai ano e medio) ao que eu vin de preto unha vez. Cando o deixamos comenteille a B: leva bigote porque ten un labio leporino, ¿fixácheste?, e a dentadura é un desastre, debería ir ó dentista. B miroume alucinado: nin vira labio leporino nin mala dentadura nin nada.
peke |
03.20.04 - 4:11 pm | #
|
|
|
Commenting by HaloScan
|