Retrúcalle

Gravatar Coincidiríamos seguro en Gus van Sant (máis por "Last days" que por "Elephant", máis por "Elephant" que por "Gerry"). Pero se está aínda a tempo, mire a de Bela Tarr (cineasta moi admirado por Gus van Sant), e sobre todo non perda "O estado do mundo".

"Planet B-Boy" dáme a min que non se vai ver moito aquí na ghalleira, pero se chega farei caso da súa recomendación.


Gravatar En cal coincidiríamos?
Eu lin a novela de Hrabal e gustoume ben daquela; pero tamén Gus van Sant me flipa mazomil.

Se pode, aínda que eu creo que non lle vai gustar, acuda a ver Planet B-boy. Malia que vostede non está demasiado interesado en torsos masculinos (acho), é un bo documental.


Gravatar Voulle dicir os catro filmes que eu iría ver se estivese estes días aí en Edimburgo (e sei que desta vez vostede e máis eu coincidiremos en polo menos un título). Por orde de interese para min, de máis a menos:

The Man of London (Bela Tarr)
Paranoid Park (Gus van Sant)
I served the king of England (Jirí Menzel)
I'm a cyborg, but that's OK (Park Chan-wook)

E procure asistir a "O estado do mundo", que contén magníficas pezas feitas por Apichatpong Weerasethakul, Chantal Akerman e o meu admiradísimo Pedro Costa.


Name:

Email:

URL:

Comment:  ? 

 

Commenting by HaloScan